No Bloque Nacionalista Galego comprometémonos a facer da Coruña unha cidade modelo. Unha cidade que sexa modelo de calidade urbana asentado na democratización dun espazo público accesíbel para todas e todos convertendo rúas e prazas en lugares de convivencia.
No Bloque Nacionalista Galego comprometémonos a facer da Coruña unha cidade modelo. Unha cidade que sexa modelo de calidade urbana asentado na democratización dun espazo público accesíbel para todas e todos convertendo rúas e prazas en lugares de convivencia.
Impulsa A Coruña
A candidatura
Como conquistou o Dépor o planeta fútbol? Pois cunha receita patentada polo lendario Arsenio Iglesias: con orde e con talento.
A ese lema apelou Francisco Jorquera, candidato do BNG á Alcaldía, para resumir os trazos que caracterizan a lista do BNG para as eleccións municipais.
Forza A Coruña
O programa do BNG
Propostas programáticas para un goberno nacionalista na cidade da Coruña.
En 17 capítulos e dividido para unha mellor consulta e comprensión, podes botar unha ollada ás nosas ideas para mellorarmos a cidade.
A bitácora de Jorquera
Collamos impulso e deamos o salto
Inspirándome nun magnífico poema de Lois Pereiro, e contaxiado polo entusiasmo que vin no auditorio dun ateigado Pazo de Congresos de Compostela, chamei as compañeiras e compañeiras do BNG a que o próximo 28 de maio “collamos impulso e deamos o salto” para facer
“Matria” emociona e fai pensar
Fun ver “Matria” e a verdade é que fiquei impresionado. Recoméndovola moitísimo. Emociona e fai pensar.
Un teatro para María Casares
María Casares (A Coruña, 1922-Alloue, 1996) foi algo máis que unha actriz lendaria. Foi, é, tamén un símbolo do exilio e da tradición democrática, republicana e galeguista da nosa cidade. É por iso que neste 2022, centenario do seu nacemento, erguéronse voces, entre elas
Ante a escalada dos prezos, fagámonos valer!
Pois si, temos que nos facer valer. Esa é a idea forza coa que o BNG estivo a organizar actos públicos por todo o país como limiar da grande manifestación que convocamos para o domingo 18 de decembro en Compostela. Palestras colectivas como a
40 anos despois, a mesma ilusión e renovados azos
Emotivo e bonito. Así foi o acto co que celebramos este domingo 25 de setembro o 40 aniversario do BNG. Para min foi un acto moi especial, poise eu estiven alí, naquel setembro de 1982 cando criamos a organización que co paso dos anos
A nosa vocación é ser alternativa. Liderar políticamente esta cidade
O venres 16 de setembro, nun acto con presenza de persoas representativas do tecido social e veciñal da Coruña, presentamos en público candidatura do BNG á Alcaldía da Coruña en 2023. É para min unha enorme honra e, tamén, un grande reto, que asumo,