O diñeiro público, mellor nos barrios da cidade

A política vai de optar. Hai 15 millóns de euros disponíbeis na Facenda local e o Goberno de Inés Rey quere empregalos na compra dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo. Fixádevos: na compra de terreos que xa son públicos. Un despropósito. Nós o que pedimos é que se invistan nos barrios. A tese desenvólvoa nun artigo que viu a luz nas páxinas de El Ideal Gallego.

Comparte esta entrada

Para a cidade é importante que o Concello teña orzamentos en tempo e forma. Máis aínda nestes tempos de crise.

Por iso, no acordo de investidura de Inés Rey, o Grupo de Goberno asinou o compromiso de iniciar a negociación dos orzamentos no mes de setembro.  Pois ben, xa estamos na práctica e non sabemos nada dos próximos orzamentos do Concello.

Chove sobre mollado. Xa o ano pasado, o grupo socialista optou por prorrogar as contas, renunciando a negociar uns novos orzamentos. Unha decisión que, entre outras consecuencias, provocou demoras na aprobación dos convenios coas entidades da nosa cidade e na aprobación do novo Presco.

O Goberno Local pode estar paralizado. O BNG, desde logo non. Por iso esta mesma semana presentamos as nosas propostas para os orzamentos de 2022.

Propostas e criterios. Porque non nos vale calquera orzamento. Queremos uns orzamentos marcadamente sociais para facer fronte ás consecuencias da pandemia e evitar situacións de exclusión. Uns orzamentos que favorezan o dereito á vivenda e incrementen o investimento para xerar de emprego

E, por último, queremos uns orzamentos que sitúen os barrios no centro. Porque A Coruña non é só o centro. Preocúpanos, e moito, a situación de degradación que sofren moitos barrios. Hai que mobilizar recursos para facer fronte ao seu declive.

Por iso propoñemos destinar os 15 millóns de euros que o Goberno Municipal comprometeu para a adquisición dos peiraos de Calvo Sotelo e Batería a financiar un Plan de Rexeneración e Revitalización dos Barrios.

Non ten ningún sentido destinar diñeiro do Concello a mercar terreos que xa son públicos. Iso para nós si que é unha liña vermella.

Non ten ningún sentido destinar diñeiro do Concello a mercar terreos que xa son públicos en vez de atender cuestións prioritarias que si dependen do ámbito competencial do Concello. Esta para nós si que é unha liña vermella.

Os orzamentos do Concello deben ser unha ferramenta para mellorar a vida das veciñas e veciños. Iso pasa necesariamente pola revitalización dos nosos barrios. A eles ten que ir o diñeiro público e non a financiar o pagamento dunha débeda, a do porto, que o Goberno do Estado si condonou a València.

Por iso o BNG vai presentar tamén unha emenda aos Orzamentos do Estado para que o Estado condone a débeda do noso porto ou costee a transformación dos terreos portuarios por unha cantidade equivalente ao montante da mesma.