Cidade participativa

Programa · A Coruña cidade participativa

  1. Modificación do Regulamento orgánico de participación cidadá para garantir:
    • Participación veciñal na elaboración dos orzamentos municipais a través dos orzamentos participativos, onde a cidadanía participe tamén de maneira directa, con presentación de proxectos e votacións presenciais, cun sistema de reparto por barrios que evite a marxinación das zonas con menos peso de poboación.
    • Creación de órganos de participación sectoriais (consellos locais) e territoriais (consellos de barrio). Estes órganos serán consultados á hora de definir as liñas de actuación en cada área ou en cada barrio.
    • A participación dos veciños e das veciñas no Pleno do Concello, non só a través do escano cidadán senón a través da proposición e defensa de mocións.
    • Mantemento da retransmisión en directo dos plenos a través da propia web do Concello da Coruña.
    • Utilización do mecanismo da consulta popular, sobre todo en cuestións de importancia estratéxica para a cidade e proxectos de impacto social, ambiental ou urbanístico. A primeira consulta popular será sobre o futuro dos terreos do porto interior.
    • Estabelecemento, así mesmo, de consultas populares aproveitando os medios tecnolóxicos, mesmo para decidir gastos cun importe económico elevado.
    • Impulso do movemento asociativo, apoiando o fortalecemento das organizacións sociais como vía para avanzar nunha acción de goberno realmente transformadora das condicións de vida dos cidadáns e das cidadás.
    • Mellora e optimización, real e efectiva, do Rexistro Municipal de Asociacións.
  2. Incentivar e garantir a colaboración co tecido asociativo no mantemento e na xestión de espazos e locais públicos:
    • Elaboración dun Regulamento, consensuado coas entidades da cidade, para a cesión e utilización de locais municipais (incluídos os centros cívicos) con criterios claros e transparentes.
    • Impulso un plan de investimento en locais de propiedade municipal.
  3. Compromiso coa información sobre os proxectos de obras públicas á veciñanza e ás persoas titulares dos locais de comercio e hostalaría afectados, para coñezan as súas características e poidan formular propostas, co obxecto de minimizar as molestias derivadas das obras e optimizar o resultado final.