Cidade pola igualdade
Programa · A Coruña cidade pola igualdade
A Coruña, é unha cidade feminista, que reclama unha sociedade sen discriminacións, libre de violencias machistas e LGBTifobía, e que non pode nin debe dar pasos atrás nas políticas que implementa está urbe no seu día a día.
As rúas énchense cando o feminismo sae a berrar contra o machismo e patriarcado, contra a Lgtbifobía, e contra calquera indicio de discriminación, porque aínda que sabemos que hai moito conseguido, queda moito por loitar, e sempre estaremos vixiantes para non retroceder en dereitos, e a nosa obriga ca cidadanía.
Por iso e importante non esquecer as vítimas, os asasinatos, o machismo e patriarcado que sufre está sociedade, porque é necesario facerlle fronte, para que nalgún momento todo iso sexa cousa do pasado.
Creemos nunha sociedade de corresponsabilidade e conciliación, na que a mocidade creza en dereitos e liberdades sen discriminacións, nun deporte inclusivo, e que as persoas maiores non sexan as grandes esquecidas, ese é o noso principal compromiso, e sempre será así cunha perspectiva feminista.
- Cumprimento estrito da Ordenanza de Igualdade do Concello da Coruña.
- Elaboración inmediata dun elaboración dun Plan Municipal de Igualdade.
- Realización dun estudo sobre a fenda salarial e as condicións laborais na que se atopan as mulleres que traballan nas distintas empresas adxudicatarias e concesionarias do Concello da Coruña co obxectivo de atallar estas formas de discriminación.
- Convocatoria do Consello Municipal de Igualdade co fin de que este cumpra con todas as funcións encomendadas na Ordenanza Municipal de Igualdade na Diversidade e a cumprir cos mandatos recollidos nesta normativa municipal.
- Elaboración dun estudo sobre o uso do tempo e do espazo na cidade en colaboración con sectores afectados (pequeno comercio, servizos administrativos, transporte…) para traballarmos nun uso eficiente dos horarios de apertura ao público así como nun uso igualitario dos espazos públicos da cidade.
- Incorporación en todos os orzamentos un informe completo de impacto de xénero no camiño de rematar o mandato con orzamentos de xénero que incorporen esta visión a todas as medidas dirixidas á cidadanía da Coruña.
- Incorporación dun informe de impacto de xénero naquelas ordenanzas que afecten directamente as persoas.
- Introdución no proxecto educativo da rede de escolas infantís a perspectiva de xénero como prioridade, para traballarmos en prol da eliminación dos estereotipos de xénero coas familias e desde as primeiras idades.
- Implementación dos patios coeducativos nos Colexios de Educación Infantil e Primaria.
- Reforzar os sistemas de prevención e detección precoz. Mellorar o acceso á información sobre os recursos en espazos públicos como bibliotecas, mercados ou centros sanitarios e educativos.
- Reforzar a formación do persoal do Concello que atende ao público para a información e a detección precoz como garantía dun acceso eficaz e rápido aos recursos que as distintas entidades e as administracións proporcionan ás vítimas de violencia de xénero.
- Crear un grupo estábel de coordinación de recursos coa colaboración das administracións actuantes no territorio (estatal, galega e local) que faga un seguimento das incidencias ou das melloras que se deban incorporar en protocolos e recursos de atención ás vítimas de violencia de xénero.
- Promover a creación dunha rede social de apoio ás vítimas de violencia de xénero que colabore a través do voluntariado no acompañamento non profesional e na visualización pública do rexeitamento social da violencia de xénero.
- Coidar toda a cartelaría e imaxes que difunda o Concello, reparando en que sexan imaxes respectuosas e que non invisibilicen as mulleres. Exixirase ás entidades que reciban axudas que tamén empreguen a paridade ou as accións positivas nas imaxes e nos textos.
- Aumentar o persoal do Centro de Información ás Mulleres e da Casa de Acollida de Mulleres Vítima de Violencia de Xénero.
- Dotar de contidos, medios e recursos aos puntos violeta, organizar puntos violetas en eventos, concertos, estadios, festas e centros educativos.
- Dotación ao persoal da Policía Local de formación específica en materia de violencia xénero e violencia sexual.
- Estabelecemento do criterio de paridade na nomenclatura de nomes para as novas rúas, que se distribuirán equitativamente entre mulleres e homes.
- Impulso dun programa específico de emprego feminino considerando as competencias municipais que contará con:
- Incorporar cláusulas de acción positiva no acceso ao emprego público.
- Información específica de emprego para mulleres que o están a buscar.
- Información específica para empresas sobre os beneficios pola contratación de mulleres.
- Incentivos á concesión de microcréditos e outras actuacións de financiamento de iniciativas empresariais lideradas por mulleres
- Promoción e colaboración na posta en marcha dos plans de igualdade nas empresas da cidade.
- Actuacións concretas de promoción da contratación de mulleres.
- Asesoramento a mulleres empresarias menores de 50 anos.
- Programas de capacitación das mulleres en actividades tradicionalmente masculinas ou ás que elas teñen menos acceso e programas de capacitación para os homes en actividades tradicionalmente femininas.
- Reforzo do persoal do servizo de canguraxe municipal.
- Aumento das beneficiarias do servizo de canguraxe, permitindo que sexa usado por persoas en paro.
- Aumentar a prestación do servizo de canguraxe até menores de 12 anos.
- Reforzo das medidas de conciliación en colaboración con outros axentes (escolas, empresas, sindicatos…) e nomeadamente acompañando actuacións de busca activa de emprego.
- Creación dun premio de boas prácticas de conciliación para pequenas e medianas empresas do concello.
- Potenciar a inserción laboral das mozas eliminando as barreiras e estereotipos sobre a división sexual do traballo a través da oferta de cursos destinados a mulleres sobre profesións masculinizadas.
- Incentivar a práctica deportiva das mozas a través de diferentes estratexias en colaboración coa Concellaría de Deportes.
- Fomentar actividades onde as mozas sexan suxeitas activas de creación cultural.
- Levar a cabo iniciativas e obradoiros, nomeadamente nos institutos, de prevención do machismo e de superación e deconstrución das diferenzas de xénero.
- Reforzo das actividades de concienciación na liberdade afectivo-sexual dentro de todos os programas educativos do Concello incluíndo a perspectiva LGBTQi.
- Realización de actividades de sensibilización específica sobre os dereitos das persoas trans.
- Reforzo do coñecemento e a formación do persoal do Concello con máis incidencia naquel que ten contacto directo coa poboación (atención ao público, policía local etc.) sobre a comunidade LGBTQi para unha atención desde a súa diversidade garantindo, así, a súa igualdade.
- Impulso e apoio ao Espazo Diverso cunha programación propia e redes sociais propias.
- Programación conxunta co Espazo Diverso e o tecido asociativo campañas e actividades de concienciación na liberdade afectivo-sexual destinadas ao conxunto da cidadanía sobre a realidade LGBTQi+, ao longo do ano e alén das efemérides.
- Apoio aos eventos que os colectivos LGBTQi desenvolvan na cidade.
- Impulso da difusión de todas as actividades relacionadas co colectivo LGBTQi para o seu coñecemento por parte de toda a cidadanía e así facilitar a súa asistencia.