En Defensa do Común

Programa · En Defensa do Común

Recuperar para a cidade o que é noso non afecta só aos terreos do porto.  En Barcelona a Ciudadela e Montjuïc eran espazos militares que foron donados á cidade e hoxe son dous parques emblemáticos. Madrid presume de ser unha das cidades con máis parques grazas a que propiedades da coroa ou antigos coutos de caza da realeza, como a Casa do Campo ou o Retiro, foron cedidos ao pobo de Madrid. Na Coruña o Estado é propietario de terreos e instalacións hoxe en desuso, que deben ser devoltas á cidade.

  1. Realización dun inventario de bens que pasaron a outras administracións co obxecto de iniciar os trámites para esixir a súa devolucion no caso de estar actualmente en desuso.
  2. Demandar da autoridade portuaria a cesión gratuíta dos xardíns da Mariña e os terreos  do “Hotel Finisterre” e “La solana”.
  3. Solicitude da devolución dos terreos e instalacións cedidos ao Estado e actualmente en desuso ou infrautilizados. En particular o Goberno Municipal esixirá a devolución, á parte dos terreos do porto interior que resulten desafectados, dos terreos da Maestranza e o Campo da Estrada, o solar da Rúa Adelaida Muro propiedade do Ministerio de Defensa, o antigo cárcere, o cuartel de Atocha, os terreos no entorno do Observatorio Meteorolóxico e os terreos do antigo Parque de Automóbiles do Exército. Así mesmo o Goberno Municipal esixirá a apertura ao público dos xardíns de Capitanía.