Exterior

Programa · Exterior

A Coruña é unha cidade cosmopolita e intercultural que agrega máis de 130 nacionalidades. A acción exterior ten como obxectivo aumentar a cooperación internacional e as relacións con outros países para mellorar o posicionamento internacional da cidade. 

Ademais, Galiza e Norte de Portugal, con fondas raíces comúns, forman unha das eurorrexións máis dinámicas de Europa e o cuarto polo económico peninsular sendo A Coruña unha cidade chave no contexto xeo-estratéxico das relacións atlánticas e transfronteirizas.

  1. Creación dunha axencia para a dinamización económica que integre todos os parceiros locais estratéxicos do sector privado, público e académico para garantir a cooperación e reforzar a competividade atraendo novos investimentos e emprego de forma coordenada para a cidade.
  2. Reorganización da prestación dos servizos públicos municipais para mellorar a eficiencia e tempos de resposta nos trámites relativos á apertura de negocios, con canles de comunicación directos.
  3. Apoio para a coordinación dunha axenda e folla de ruta para atinxir a integración económica do Eixo Atlántico e o aproveitamento das sinerxías con Portugal, nomeadamente, no plano estratéxico de cooperación para os investimentos conxuntos en infraestruturas aeroportuarias e ferroviarias, intercambios educativos e formativos, innovación, emprendemento e captación de investimentos mixtos.
  4. Execución dun plan de promoción internacional da cidade, investindo en campañas publicitarias en revistas, páxinas web e redes sociais con gran alcance internacional.
  5. Fortalecemento da cooperación con outras cidades e institucións internacionais, co obxectivo de compartir políticas municipais innovadoras e promover a cidade como un destino atractivo para a implantación de centros de investigación e axencias públicas (TIC, Intelixencia Arificial, biomedicina etc).
  6. Aumento da capacidade de atracción de grandes eventos internacionais, como conferencias, festivais, exposicións e competicións deportivas.
  7. Establecemento de alianzas entre empresas locais e investidores estranxeiros, ofrecendo incentivos fiscais para actividades con base científica e tecnolóxica, en áreas chave como mobilidade, xestión de residuos, mar e enerxías renovables.
  8. Mellora e aproveitamento da infraestrutura existente da cidade, co foco na modernización de sistemas de mobilidade e loxística, para atraer novos investimentos e aumentar a competitividade da cidade no escenario global.
  9. Establecemento de programas de intercambio e cooperación con outras cidades e institucións internacionais, promovendo accións de intercambio de estudantes e persoal da investigación.
  10. Incentivo do turismo sustentable e de calidade, investindo en atraccións culturais, deportivas e naturais.
  11. Apoio ao desenvolvemento de proxectos sociais e culturais, que estimulen a inclusión social e a diversidade cultural da cidade.
  12. Establecemento dun programa de visitas institucionais co obxectivo de establecer novas alianzas económicas e educativas para a promoción da cidade como un destino de negocios e investimentos.