“Matria” emociona e fai pensar

Fun ver “Matria” e a verdade é que fiquei impresionado. Recoméndovola moitísimo. Emociona e fai pensar.

Comparte esta entrada

Temos moitísimo talento neste país. Fun ver á estrea de “Matria” e xa antes de asistir á proxección tiña o presentimento de que sería unha grande noite de cinema. “Douvos os parabéns por anticipado. Estou certo de que imos ver un grande filme”, díxenlles a María Vázquez, a protagonista, e a Álvaro Gago.

Pois a verdade que así foi. Cruel e tenra por momentos, é un filme que ten todo o que caracteriza a excelencia no cinema: un grande guión,  unha grande dirección e unha fabulosa interpretación. Non me estraña que María Vázquez gañase o premio á mellor actriz no festival de Málaga.

Debemos felicitarnos todxs. O cinema galego, a súa cultura, volta a demostrar o seu enorme potencial. Non perdades a oportunidade de ver “Matria” e de vela en pantalla grande, nunha sala de cinema!